Mocidade e saúde mental

A saúde mental é fundamental para a nosa capacidade de pensar, manifestar sentimentos, interactuar cos demais e gozar da vida. Por iso, a Organización Mundial da Saúde e as normativas de saúde dos diferentes países, falan da importancia da “prevención e promoción para todos e todas”.

Falamos dunha saúde mental positiva cando unha persoa logra potenciar as súas habilidades e capacidades: satisfacción persoal, autocontrol, autonomía, resolución de problemas, habilidades nas relacións cos demais, etc. Cando isto sucede, pasamos dunha saúde mental na que predomina o malestar a outra na que destacan o desenvolvemento de competencias e a promoción da saúde afectiva.

A adolescencia é un período delicado cheo de cambios, inseguridades, presións e desaxustes entre as aspiracións e a realidade. Por iso, os mozos e mozas son particularmente sensibles aos problemas relacionados coa saúde mental, polo que é fundamental coidar certos aspectos e educar na saúde en todos os ámbitos.

Advertisements