Para docentes

Unha educación que aposte polos valores, que traballe a diversidade e a inclusión e que teña en conta os retos dunha sociedade que cambia a unha velocidade de vertixe, redundará nunha saúde mental máis positiva.

Hai que ter en conta que os adolescentes non son un grupo homoxéneo, polo que traballar con eles implica ter presente a diversidade que achegan e descubrir as súas culturas e subculturas. Velaquí algunhas pautas que se poden seguir para promocionar a súa saúde mental.

Algúns consellos

  • Crear un sentimento de pertenza, fomentar relacións sólidas e positivas para que os mozos e mozas se sintan aceptados e aceptadaas polos demais e confíen neles ou elas mesmas.
  • Desenvolver aptitudes, aprender a superar os desafíos para sentirse compacitados e capacitadas e máis capaces de manexar a tensión positivamente.
  • Garantir un ambiente positivo e seguro nos centros, promover condutas como o respecto e a responsabilidade e previr outras como a intimidación e o acoso.
  • Fomentar a toma de decisións, traballar as habilidades sociais, a resolución de problemas e de conflitos.
  • Animar aos mozos e mozas a axudar aos demais, pois as condutas prosociais fortalecen a autoestima, fomentan a conexión e reforzan a responsabilidade persoal.
  • Fórmate en saúde mental; asesora ao estudantado, pais e nais sobre como previr e detectar problemas desta índole. Se o precisas, en Saúde Mental FEAFES Galicia podemos orientarche.
Advertisements