Para mozos e mozas

Para coidar a nosa saúde mental, é importante aceptarse a si mesmo ou mesma e sentirse apreciado ou apreciada; valorar as nosas cualidades pero tamén aceptar os defectos e saber vivir con eles. Vealquí tes algunhas pautas que podes seguir:

Que facer?

  • Unha boa saúde física apoia a unha boa saúde mental. Practica hábitos alimenticios saudables, fai exercicio regular e ten pautas de descanso axeitadas.
  • Ten relacións positivas cos amigos e amigas, coa familia e cos compañeiros e compañeiras. Aprende a escoitar e a comunicarte para manexar as emocións, definir os problemas, identificar as mellores solucións e saber aplicalas.
  • Participa no teu entorno e síntete unha persoa activa na comunidade. Isto proporciona unha gran sensación de autovalía e satisfacción persoal.
  • Reláxate, dedícate un tempo a ti mesmo ou mesma. Diminuirán os efectos negativos da tensión e mellorará o teu autocontrol.
  • Busca cousas que facer que sexan activas e desafiantes para as túas capacidades; non abuses da tele nin da Internet.
  • Se tes algún problema, fala coa túa familia, amigos e amigas, titor/a ou orientador/a… En Saúde Mental FEAFES Galicia tamén podemos botarche unha man.

Que non facer?

  • A adicción ao tabaco, alcol ou drogas ilegais pode provocar enfermidades con consecuencias graves a curto e medio prazo.
  • Outras condutas adictivas como as apostas, as compras compulsivas, o móbil ou as redes sociais tamén poden influír moi negativamente na túa vida e, polo tanto, na túa saúde.
  • Ser demasiado sensible ás críticas fainos sentir atacados e estropea as nosas relacións persoais. Debemos saber aceptar as críticas constructivas e non deixarnos afectar polas destructivas.
  • Meterse de cheo nos problemas, as discusións e as charlas desagradables dificulta que esteamos ben con nós mesmos ou mesmas.
  • Pensar que pedir axuda é unha debilidade, que eu podo arranxar os problemas sen necesidade de apoio, fai que nos bloqueemos e que sexa máis difícil chegar á solución.
  • De todos os factores que inflúen na saúde, o 50% están relacionados co estilo de vida. Tenta seguir un estilo de vida saudable para mellorar o teu benestar xeral.
Advertisements