Para pais e nais

Para que os nosos fillos e fillas fortalezan a súa saúde mental, hai que acompañalos na creación de mecanismos psicolóxicos de adaptación e de defensa que lles axuden a relacionarse satisfactoriamente e desenvolver as súas potencialidades.

A adolescencia é unha etapa na que a confianza nun mesmo ou mesma tambaléase con frecuencia polos constantes cambios físicos, psíquicos e sociais que experimentan. Por iso, cando conseguimos comprender e respectar os conflitos dos mozos e mozas, logramos establecer os vínculos afectivos que precisan para a súa saúde mental positiva.

Algúns consellos

  • Axudar a que os nosos fillos e fillas asuman e acepten positivamente os cambios da adolescencia.
  • Fomentar unha boa saúde física, hábitos alimenticios saudables, exercicio regular e pautas de descanso adecuadas.
  • Favorecer que tomen as súas decisións dun modo libre e responsable, axudándolles a adquirir a capacitación que precisan para orientar a súa vida.
  • Dotalos e dotalas de recursos efectivos para que sexan capaces de afrontar as inevitables situacións de incertidume propias da adolescencia relacionadas co seu desenvolvemento persoal e psicosexual.
  • Aproximarse a eles e elas con sinceridade e honestidade para que sintan cercanía e confianza. É importante fomentar o diálogo para axudarlles a expresarse e resolver os conflitos.
  • As nosas expectativas positivas ou negativas inflúen nos nosos fillos e fillas. Isto pode experimentar un reforzo positivo ou negativo da súa autoestima e do seu desenvolvemento.
  • Infórmate: contacta co orientador ou orientadora do centro do teu fillo ou filla. En Saúde Mental FEAFES Galicia tamén che podemos orientar.
Advertisements