Quen somos?

#Mocidadesaudable é unha iniciativa posta en marcha por Saúde Mental FEAFES Galicia e as súas asociacións federadas a propósito do Día Mundial da Saúde Mental 2018, que se conmemora o 10 de outubro.

Con esta campaña pretendemos fomentar hábitos de vida saudables entre os mozos e mozas que axuden a previr posibles problemas de saúde mental. Cremos que estes hábitos deben ser promovidos en todos os ámbitos, incluída a educación formal e non formal.

Por iso, convidamos aos adolescentes, pais, nais, docentes, orientadores e orientadoras a informarse sobre a prevención e a detección dos problemas de saúde mental para romper o estigma que hai ao redor deles e aprender a recoñecer cando é preciso pedir axuda.

Se queres saber máis sobre saúde mental, podes visitar a nosa páxina web ou poñerte en contacto connosco.

Advertisements